miércoles 24 de junio de 2009

UN "BRAINSTORMING" SOBRE A AUGA


(ESTE "DESBARRE" FOI PUBLICADO COMO COMENTARIO MEU NUN POST SOBRE AS AUGAS NO BLOG DE MARCOS VALCÁRCEL, AS UVAS NA SOLAINA, A PRICIPIOS DE NOVEMBRO DO 2008, DE ONDE O COLLO PRESTADO)


Hoxe parécenos tan sinxelo, abrir o grifo da traída e gastar vinte ou coarenta litros de auga nunha ducha...Qué fácil é chamar marraus aos nosos antergos. Pero aínda na miña infanza o "aseo diario" masculino adulto consistía en lavar a cara e mollar o peito, espido sólo de cintura pra arriba.
Eu apañéi auga a caldeiros, desde unha fonte hasta a casa ,na aldea, de neno, antes de que fixéramos un pozo de noso, no patio. Aprendín o que os expertos en marketing chaman "valor de plaza" do producto,desde ben pequeno. Nunca esqueceréi a sensación de baixarme nun caldeiro a mín mesmo, tendo conta da corda que me unía a unha roldana. Tampouco as chispas do pico metálico contra a dura roca ,a doce oscuros metros de profundidade , ver sair a auga da "vena" por primeira vez, o berro feliz do meu abó, o círculo de luz da boca do pozo alá arriba...
Hai dous tipos de persoas: os que se duchan, e os que se bañan. A cal dos dous colectivos pertenece vostede?. É pregunta obrigada en moitos test de persoalidade.
Auga, auga, tan asociada entre nós ó que non ten valor...como cando fallas xogando aos "submarinos". Pero dín que as próximas guerras faranse por a auga, tamén con submarinos...nucleares.
A auga ten comportamento anfótero, din os químicos. É acido en medio básico, e viceversa. Coma mín, "anfótero político", que me sinto de esquerdas entre xente de direitas, e de direitas entre xente de esquerdas. Vanme chamar o "anfótero". Non confundir con "anfibio" que é o que pode vivir de vez en cando fora da auga.
Dar de beber o sedento é obra de misericordia "corporal". Pero sin afogalo.
Din que a auga é transparente, pero eso en realidade depende da cantidade da que falemos. Que llo digan ós peixes das profundidades abisáis.
Cómo levas auga nun cribo?. Conxelándoa.Cómo facer lume con auga? Conxélena, tallen unha lente có xeo,e concentren con ela os raios solares.
Si estas estreñido, debes beber auga. E si tés diarrea, tamén debes beber auga.
A auga é equilibradora, nos dous sensos. Somos auga, e á auga reverteremos.
Un amigo meu decía que á hora de construir un complexo deportivo debías facer en primeiRO lugar unha piscina. Atraería xente ao lugar desde o primeiro momento, anque o resto estuvera en obras. E, si era de pago, podería axudar a financiar o resto da obra. A auga ten un imán especial.
Hai unha teoría que dí que a nosa especie coqueteóu coa posibilidade de volver á auga, durante algús millós de anos, como finalmente fixeron os delfís, e que por eso perdimos o pelo no corpo. Con moito pelo non se pode nadar.
NOn sei si saben tirar unha pedra á auga do río, de xeito que salte verias veces sobre a superficie. Na aldea chamábanlle "capar o río". Non me pregunten por qué.
A auga conxela a cero graos e ferve a cen graos celsius. Non é ningunha coincidencia, forma parte da definición da orixe e do intervalo de esa escala. A auga é unha referencia de tantas cousas!!.
A auga pode ser doce,salada ou salobre. Nunca soupen o que significaba esta última palabra hasta que buceéi baixo a ponte de Pontesampaio. Buscaba rastros, reáis ou imaxinarios, da heroica batalla dos labregos galegos contra as tropas de Napoleón.
A auga 12 non é realmente dolce. É insípida en teoría, porque está espida. Por non ter, non ten nin gas. Si sabe a gasóe, é outra cousa.
A auga sempre vai pra abaixo, canta moi ben os desnivéis. Eso ten moitas aplicaciós, ente outras a de servir de principio de funcionamento dos "nivéis" dos "masóns".
A auga non é tan "disolvente universal" como pensan algús, pero case. Outros dín que cría rás.Outros, que escaralla os camiños.Había un refrán na miña aldea que decía que era mellor ser animal na aldea A que "cristiano" na aldea B, por culpa da moita auga nos camiños de esta última. Non digo os nomes concretos, pra non ter problemas.
Din que ao Planeta Terra habería que chamarlle en realidade "Planeta Auga".A auga era un dos catro elementos clásicos. Un dos seus usos máis importantes é apagar a outro,o lume (salvo excepciós). Os bombeiros son "homes da auga" máis que "do lume".
"Nena de auga" era unha canción de Ana Belén. Igual rematóu por ser "fireperson", como din agora os ingleses adscritos á linguaxe "políticamente correcta".
As comaRcas defínense case sempre por cuncas fluviáis. A auga sabe moito de Xeografía, e empre sabe o seu camiño.
No uolof, a palabra pra "auga" (dox) é moi parecida á "camiñar" (ndox). Intuo que hai unha relación "etimolóxica", pero posiblemente non o saiba nunca, de certo. En realidade, os movementos que facemos ó camiñar son "residuos" da marcha cuadrúpeda,que á sua vez se basea en movementos reptantes, que á sua vez son residuos dos movementos natatorios de cando eramos peixiños...
A auga pesada está composta por un isótopo do hidróxeno chamado deuterio. O creador de Don Pelmazo debéulle chamar "Deuterio". "Eres máis pesado que DOn Deuterio".
A ver si mañá podio segir cón este "bathstorming" (tormenta na bañeira) en torno a auga. Non me pregunten qué fago desperto a estas horas. Sólo lles diréi que non é culpa da auga, precisamente...

Hai augas maiores e augas menores (non ten nada que ver con acordes musicáis). Ás augas menores algús chamanlle "auguiña amarela". Creo que na época de Quevedo se oía berrar "auga vai!!" tiña que poñerse rápidamente a cuberto, porque podía chover de calquera dos dous tipos.
A auga non sempre é auga, como cando se fala de "romper augas".
Si sumerxe en auga,de xeito imaxinario, calquer obxecto imaxinario feito de auga, obviamente nin flotará nin afondará. Si facemos, de xeito imaxinario, desaparecer a auga que o envolve, entonces cae. Si non caía antes, era porque a auga de arredor o mantiña estable. Á auga de arredor faría a mesma forza por ter conta del, anque non fora de auga. Estamos a un pasiño de berrar "Eureka!!!".
A densidade da auga é precisamente de un gramo por centímetro cúbico. Polo que se ve, axudóu a definir tanto o un coma o outro. A auga é a medida de todas as cousas.
As bágoas son augas tristes. As augas das montañas deben de ser alegres, pois chámanlle "cantarinas" moitas veces. A auga canta de xeitos diferentes a medida que enche o cántaro, como ensina o vello poema. A auga ten mil canciós.
A auga nace nas fontes. Unha fonte é case un ser vivo. Ao seu carón, nunca te sintes solo. Será por eso por o que os antigos percebían extrañas presencias?.
Si a auga sae quente das fontes, chámanse "burgas". En Ourense somos "burgueses da auga".
Haberá que ir comer...con viño que auga non bebo mirá...