martes 6 de enero de 2009

Pequeno relato de Ciencia Ficción, adicado a Marcos Valcárcel



Fai máis de tres mil anos, o lugar no que agora nos atopamos estaba prácticamente despoboado, e non había construcciós que obstaculizaran a observación orográfica ou xeolóxica do que daquela era un fermoso val en torno a un río serpenteante. Desde un dos montes , un intelixente militar romano, estudoso das cencias da época, observaba a paisaxe, fixándose especialmente nas columnas de vapor de auga que fumegaban cara o ceo. Proviñan de varios puntos próximos ao río, onde as augas quentes afloraban desde as entrañas da terra hasta a superficie. Como froito da experiencia acumulada durante anos ,na construcción de calzadas e minas, aquel militar romano caéu na conta, asombrado, de que todo aquel fermoso val podería ser destruido por un cataclismo xeolóxico si se estimulaban con certa enerxía unha serie de puntos concretos, cuxa edafoloxía analizóu despóis. Non existían aínda máquinas coa suficiente potencia para producilo ,pero as observaciós foron cuidadosamente anotadas como secreto militar.
No val medróu ó longo dos séculos o que chamaron Ourense. Constituíuse tamén unha Irmandade oculta, formada por un moi reducido número de individuos, coñecedores do terrible segredo que, de caer en malas maus, podería supoñer a destrucción de todo o val, que sería asulagado por as augas do río e abrasado por as que fervían baixo terra . Tres xoves por cada xeneración ,escollidos entre os máis probados amantes da cidade , tiñan a encomenda de gardalo e, chegado o momento, pasalo a outros.
Ao longo de milenios, persoas da máis diversa condición, que tiñan en común o amor por Ourense, coñeceron a ubicación exacta de aqueles puntos neurálxicos da cidade. Tiñan, ademáis, a obriga de escribir o segredo nalgún tipo de código relacionado coa sua actividade. Por exemplo, un poeta do s.XIX , ao que moitos tomaron por toliño, codificóu esa información en poemas nunha lingua inventada por él mesmo. A "terremoto" chamáballe, por exemplo "verramoto". Membros da Irmandade conservan, en algún lugar secreto, os textos e a cifra.
Un novelista do s.XX, tamén perteñecente según indicios a esa Irmandade , fixo coincidir os "puntos secretos" cós lugares nos que os protagonistas dunha novela se iban deteñendo ao longo de unha noite de esmorga. Eses puntos foran identificados, posteriormente, por baldosas de cerámica decoradas con algunha lenda, e pegadas ás paredes de certos edificios . Unha asociación cultural , dirixida según sospeitamos por algún membro da Irmandade, visitaba eses lugares, de xeito ritual unha vez ó ano, nun acto que eles chamaban "roteiro".
Sei que todo o que lle estou decindo xa o sabe vostede, profesor. Cóntollo sólo para que comprobe qué cantidade de información recabaron nos últimos días os meus axentes, verbo das actividades de esa Irmandade á que ,sospeito, vostede pertenece. Non en vano son o Presidente de este planeta que, por azares da historia, que xa coñece, rematóu por ter a sua capital aiquí, nesta megalópolis de varios centos de kilómetros cadrados. Aiquí albergase o respaldo dos cartos, e as armas do noso mundo enteiro, esto é , o Planeta e os seus satélites , natural e artificiáis. Tamén aiquí se procesa, mediante superordenadores que tratan a información como estados de polarización da luz ,a información fundamental . Pero xa fai séculos que non coñecemos de xeito oficial onde estaba o seu centro histórico.
Temos indicios de que un grupo terrorista interplanetario tuvo acceso a toda esa información, profesor. Posiblemente drogando a algún dos membros da Irmandade. Ninguén máis podería coñecer a ubicación exacta de eses lugares. Nin sequera decodificando os textos nos que se referenciaban , pois hai séculos que a sociedade e os rexistros oficiáis esqueceron os vellos topónimos.Temos indicios de que robots suicidas, programados por os terroristas, planeaban atentar de xeito coordinado, misturados entre a poboación civil, pra facer saltar por os aires esta capital do mundo, empregando a técnica ideada hai varios milenios por un xeneral romano.
Os seus coñecementos de esa lingua arcaica que chamóu "galego", profesor, permitiron interpretar esos vellos textos que se atopaban nos museos, e os seus coñecementos en historia e toponimia antigas, permitíronos evitar, posiblemente, unha catástrofe. Xa tomamos as medidas oportunas. Non hai perigo. Vostede traballóu arreo cós meus colaboradores nos últimos días, e hoxe chaméino eu, o Presidente, pra falar con vostede , agradecerlle persoalmente o seu traballo , e comunicarlle que se lle pagará como vostede desexa. Saiba que, tal e como vostede pide, será incrementada a partida orzamentaria para a promoción do galego no Mundo. É o menos que podemos facer, sendo a lingua que de algún xeito o salvóu. E tamén as partidas destinadas ás investigaciós histórica e toponímica antigas. Outro favor que hai que pagar.
Outra cousa máis, profesor Valcárcel. Sei que a sua nae escolléi para vostede ese arcaico nome en honor a un ilustre antepasado . Sei que un neto de ese seu antepasado pertenecéu á primeira xeneración de seres humanos que, merced á inxeñería xenética, puderon vivir máis de mil anos. Os meus axentes traballaron duro, hasta nos máis mínimos detalles.
Tamén , e agora fálolle como persoa e non como Presidente, teño as miñas particulares sospeitas de que toda esa historia do xeneral romano, do cataclismo xeolóxico, do roteiro e do grupo terrorista, foi urdida por vostede e un grupo de amigos seus chamado "A Solaina". Algús de eles son expertos nesta nova xeneración de ordenadores nos que cada "bit" se corresponde có estado de polarización de un fotón de luz, o que noutro tempo se chamóu "spin". Posiblemente engañaran entre todos vostedes aos nosos servizos secretos, manipulando a información e a contrainformación que ibamos acadando có único propósito de conseguir esas promociós culturáis das que antes faléi. Pero, como Presidente, debo seguir o protocolo axeitado nestes casos.
E agora, vouno sorprender. Vou ordenar que se difundan milleiros de exemplares de ese vello libro ao que se facía referencia no "roteiro" do que antes falamos, e que se atopaba tan sólo en archivos informáticos de formato moi antigo. Asómbrese, farémolos no vello formato do papel. Xa, xa sei. Ninguén lembra cómo era o papel real , non sintético. Que se saiba, non se conserva nin un solo gramo de ese material en nigunha parte do mundo. Si se atopara algún, poderíamos fabricalo sin problemas. A "enxeñería cuántica de materiáis " permitiría copialo . Voulle facer un agasallo, profesor. Teña. É un libro. De verdadeiro papel. O único do mundo. Privilexio do Presidente, anque hai que decir que ningún dos meus predecesores lle fixo moito caso. Arráncolle un anaquiño da esquina da primeira folla, para que sirva de mostra ás máquinas cuánticas. Vóullo adicar e asinar, con esta pluma de última xeneración. Non entendo o que pon na capa, pero sei pronuncialo. Coincide coas derradeiras palabras dun breve discurso de senso descoñecido que temos que ler os Presidentes durante o acto de toma de posesión. Non sei moi ben por qué. Escoite qué raro soa: "Arredor de sí".

1 comentarios:

lobo neghro dijo...

Dacova, hoxe en día destrues a metade da cidade rebentando o salto de Santo Estebo de Ribas de Sil. A masa de auga arrastraría a de San Pedro de Ribas de Sil e a de Oira. Está calculado e obran estudos no ghoberno civil e en protección civil, que a masa de auga cubriría ata a cota do Parque de San Lázaro a pé da estátua de Asorey.

Vexa vostede toda a grande cantidade de casas que fican por debaixo desa cota. Asulagaría perto de unhas trinta mil persoas ademáis das que arrastraría nas veigas do Minium .

O encoro debería estar fortemente vixiado. Eso parece. É enclave estratéxico, pero eu créolle que neste mundo de paletos non hai máis desgracias porque os terroristas non dispoñen de información.