viernes 24 de octubre de 2008

INTRODUCCIÓN Á LINGUA UOLOF (SENEGAL).



A INTRODUCCIÓN Á LINGUA UOLOF, FÍXOSE XA DEMASIADO GRANDE PRA UN SÓLO FÍO NESTE BLOG.
CREÉI UN BLOG ESPECÍFICO PARA ESE TEMA: http://www.linguauolof.blogspot.com/

11 comentarios:

r.r. dijo...

Felicidades polo bló e polo post. Se mo permite, heille roubar coñecementos, que supoño que para iso os difunde. Se os uso para unha historieta que teño na cabeza, confesareillo.

Xoan da Cova dijo...

Desde logo, é pró que son: sírvase vostede mesmo do que lle pete.
Agora que vexo que hai visitantes, poréi máis cousas, jeje.

Ana Bande dijo...

aLa ¡que chulo! non sei se é máis bonita a moza ou o idioma ¡apertas xenio!...agora que moitos pechan o chiringuito é un consolo ver como agroman outras especies.

lobo neghro dijo...

Camarada, puxen un comentário, como quen pon un ovo, no post dos chinos, e ía referido ós Senegaleses. Interésame a secta místico musulmana chamada "Maurides", nada no século XIX na cidade de Touba. Os seus veciños, tranpitaneiro, son Maurides.

Ollo, secta, non ten connotacións negativas. Etimolóxicamente é algo que se separa ou se corta. Así entendido, os cristiáns son unha secta dos xudíos, e os católicos unha secta dos cristiáns.

Temos demasiada tendencia a confundilo con secta destructiva, pero non. Os seus veciños, Dacova, recoñeceno e son nobles. TEñen unha moral coherente e exercen o comercio con honestidade.

Alghún día faremos unha federación....

XDC dijo...

Eses veciños meus son precisamente nados na poboación de "Taïf" (en francés fai falta a diéresis),perto de Touba (ler "Tuba").
Touba, centro de peregrinación relixiosa, foi fundada por Amadou Bàmba, todo un personaxe na historia do Senegal. Verá de vez en cando a algún senegalés cunha fotografía colgada no peito.É moi probable que sexa unha imaxe de ese histórico líder relixioso.
Un bizneto de Bàmba, residente habitual en Italia, ten vido algunha vez Ourense pra visitar a un dos meus veciños, amigo de él.Con cartos, i educado en Europa, encantóulle atopar nesta nosa cidade, por primeira vez nas suas viaxes por o vello continente,a unha persoa interesada na sua lingua.

lobo neghro dijo...

O que me levou a descubrir a esta xente foi un artigo chamado: los contrabandistas de la mundialización. Alternativa Económica, revista francesa que conservo como polvo de ouro en pano.

Gocei moito léndoo. Idea subxacente:
Existe unha rede comercial, mundial que escapa ó control dos gobernos e estados e ten permeabilizadas toda-las fronteiras, principalmente do Magreb e entorno do mediterráneo. Teñen un código ético, non se meten en armas ou drogas, e pasan desde electrodomésticos a roupa e comida. Teñen unhas persoas de confianza, nobles, ós que lles chaman "notarios", dan fé das trasaccións que se fan sen papeles, acordos verbais. Coa testemuña destes "notarios", escolleitos entre persoas provadas de máis de 40 anos realízanse acordos que se executan sen tacha.

Paréceme apaixonante. Hai máis mundo do que vemos. Afortunadamente se se vai ó carallo todo o sistema bancario, e quebran en cadea os bancos e a bolsa, teño a convicción de que o mundo non se cae porque existen estas redes "alterntivas" que fuxiron por proveito e ideoloxía do "poder visible".

Alucinante e moi estimulante.

O comercio seguirá adiante, e chegarán productos necesarios a grandes bolsas da poboación merced a estas "organizacions".

XDC dijo...

Por aí lle van os tiros, LObo.

occam dijo...

Un cotilleo si mo pode responder, pero xa digo que é simple curiosidade: cómo aprendeu o uolof e canto tempo leva facendoo?

Cando vivira en Francia fíxenme amigo dun senegalés. Chamábase Mamadou. Penso que nunca lle escoitei falar outra cousa que francés cos seus compatriotas

XDC dijo...

Levo aproximadamente catro anos, estudándoo "por rachas".
Nas proximidades de onde eu traballo, hai algunhas tendas xestionadas por senegaleses, entre elas un locutorio.
Como son veciños, fíxenme amigo de eles e falamos de moitas cousas.
O interés xeral por as línguas téñoo desde novo. Costóume conseguir o que considero mellor método de uolof do mercado:"Eu aprendo o uolof" de Marina Yaguello e outro, en base francesa.

Agora, falo con eles cada día. Consigo videos e películas nesa lingua. Conéctome a emisoras de radio por internet. Se vexo que a algún dos "ilegales" lle fai falta algo de "pasta", págolle unhas "clases"...

occam dijo...

curioso e impresionante. Abofé

jacques delapierre dijo...

Xoan da Coba, un branco con anima negra, ou un negro coa sombra invisibel.