viernes 5 de septiembre de 2008

UN RELATO: O INSPECTOR DE ESCOLAS. De M.Athar Tahir.



O INSPECTOR DE ESCOLAS.
M.Athar Tahir.

O Inspector preguntóulle por a escola a un home que camiñaba pola única rúa da aldea.
-Sí, sí. Hai unha escola aiquí . En algún sitio. Fora da aldea, penso. O paisano sinalóu coa súa man chea de callos o camiño, estreito e cheo de pó, que saía da aldea.
As rúas da aldea estaban cheas de lama soltada polas casas feitas de barro, e había pó por todas partes. Remataban bruscamente onde empezaban os labradíos. O inspector púxose a camiñar por un carreiro entre dous eidos. Ao lonxe, viu un home que se aproximaba en bicicleta. O home paróu cando chegóu onda el, baixóu da bicicleta e apartóuse respetuosamente a un canto do carreiro.

-Onde está a escola?.
-Escola, "Sahib-ji"?
-Sí.
-Ve aquela árbore alí? -dixo, sinalando varios eidos máis lonxe-.Está por baixo.
-Pode vir conmigo e ensinarma?.

O paisano estaba ledo de axudar a un "Babu" da cidade. Si os estudantes e o mestre, ou un veciño que pasase, o viran con el , a súa importancia medraría considerablemente na aldea. Levantóu a cabeza orgulosamente ante a idea. Camiñaron xuntos.

-O mestre é moi bó,"Sahib-ji". Traballa moito.

O inspector de escolas non respondéu. A búsqueda de escolas na zona era bastante agotadora. Cidades sucias, fedentas, aldeas perdidas onde o coche non podía entrar. E todas cheas de carencias, deprimentes. Despois de tres anos nese traballo debería estar afeito. Pero non. Doíalle a ialma con cada escola. Escasos libros, xente do lugar despreocupada, estudantes vagos, mestres sempre pensando en comida gratis e agasallos.
Era demasiado. Qué podía facer?.Suxerencias e suxerencias. E cada unha delas era rexeitada polo Departamento de Planificación e Desenrolo, que planificaba pouco e desenrolaba menos.
Pasaron campos verdes, con cosechas novas. Nun determinado lugar, había unha pozaca de auga con bichos voando sobre a superficie. Levantáronse formando unha ruidosa nube cando os dous homes pasaron . O Inspector de Escolas tornóunas da cara coa mau. O paisano camiñaba depresa e tocaba o timbre da sua bicicleta mentras a empuxaba polo case inexistente carreiro. O seus zapatos descoloridos foran arranxados en varios sitios. Era difícil manteñerse neles. Pasaron outro eido e alí estaba a árbore, na marxe dun labradío que xa estaba arado e pronto pra sementar. Non había nada máis . O paisano estaba decepcionado.

- Era aiquí, estou certo. Polo menos antes de que araran.
-Entón?.
-Igual marcharon pra outro sitio.
-Pero onde está a casa?.
-Casa?. Qué casa?.
-Non hai unha casa?. A casa da escola?.
-Non "Sahib-ji".Non hai casa. O mestre leva a escola con él. Onde él vai, é a escola.
Encanto permanecían de pe pensando qué facer, o paisano viu un home traballando varia leiras máis adiante.
- Meediya-berróulle-onde está a escola?. O "Sahib" da cidade ven vela!.
-Escola?. Os rapaces están perto do campo de canas de azúcar. Polo menos vinos indo cara alá pola mañá!-respondéu.

O campo de canas de azúcar era espeso e rico.As esbeltas plantas, de un gris verdoso, estaban coroadas de grandes follas verdes que ruxían có aire. Polo outro lado había máis campos, arados e preparados. O inspector miróu pra todos os lados, e non viu nada.

-Dixo no campo de canas!. O paisano estaba pampo.
- Sí.- A cousa empezaba a ser aburrida pra o Inspector de Escolas.
-Quizáis están no outro lado do campo.
-Escoite. Vaia vostede e mire.E cando a atope, dígamo.

O paisano tumbóu a bicicleta no chau,e votóuse a correr. O Inspector de Escolas sentóuse no carreiro e miróu os diferentes matices de color verde do campo de canas apuntando cara o ceo. Non había nube ningunha. Unhos poucos paxaros, pequenas e despreocupadas sombras negras ,voaban alto no ceo.
Pronto escoutóu un berro. Miróu. O paisano corría pra onda el. O Inspector erguéuse. Tiña as carnes entumecidas. Sabía que non levaba unha vida sana, sentado na oficina, sentado no seu coche,sentado na única silla das escolas que visitaba. Tiña que facer algo ao respecto.

-Atopéinos!.

O paisano sorría, contento. Guióuno entre o canizal.
O Inspector de Escolas vacilóu. Podían roubalo entre as espesas canas e ninguén o vería ou viría axudalo. Pero seguíu ao home igual.Mancábano as canas na cara e nas maus. Puña os brazos diante da cara pra ver por onde iba. O chan era duro, e casi caéu varias veces. Seguíu entre as ruidosas e temblorosas plantas cara o centro do campo. Alí, unha pequena zona fora limpada e unhos coarenta estudantes estaban sentados coas pernas cruzadas no chan. A tranquilidade era sorprendente despóis do ruidoso atravesar do campo. Algunhos estudantes escribían, e outros facían números. Un home vello, cunha vara na mau,estaba sentado nunha vella silla, no medio. A silla fora reparada varias veces, e a duras penas se mantiña enteira. O mestre levantóuse, e os seus pés buscaron os zapatos entre o polvo do chan.

-Póñanse en pé!- mandóu o mestre, en inglés.Os rapaces erguéronse, sacudindo o pó da súa roupa.

O mestre, confuso pola chegada de unha persoa tan importante,tardóu un pouco en ordenar os seus pensamentos. Limpou o pó sa silla na que estuvera sentado, e ofrecéulla ao inspector, que se sentóu. O paisano esperaba algún sinal. O Inspector de Escolas deulle as gracias, e desaparecéu entre as canas.

- Sexa benvido, "Sahib-ji".
-Os estudantes poden sentarse- dixo o Inspector de Escolas.
- Séntense!-dixo o mestre. E os rapaces sentáronse.
- Así que esta é a escola?. O Inspector de Escolas miróu arredor, torcendo o fuciño.

Ao mestre oíuselle tragar saliva.

-Sí, "Sahib".
-Qué lles estaba ensinando?
-Urdu e Aritmética e Inglés i escritura, "Sahib".
- Cós libros axeitados?.
-Cós libros axeitados, "Sahib-ji".

O mestre colléu un feixe de libros moi gastadoss e púxoos no chan, aos pés do Inspector de Escolas.
O Inspector de Escolas votóulle unha ollada ao libro de texto de Urdu, escolléu unha páxina determinada, e díxolle a un dos rapaces que lera. O rapá erguéuse, con aspecto preocupado, e quedóu calado.


- "Sahib-ji"-dixo o mestre. O libro é de Carto Curso. E o rapá é de Segundo Curso.
- Cantos cursos ten vostede aiquí?
-Seis,"Sahib-ji". De Primeiro a Sexto.

O Inspector de Escolas deuse conta agora de que o que parecera un sólo grupo de rapaces estaba en realidade dividido en grupos máis pequenos.

-Este é o Carto Curso, "Sahib-ji"-dixo o mestre, sinalando coa vara.
-Lee tí- mandóu o Inspector de Escolas a un estudante.

O rapá erguéuse e comenzóu a ler. Leía alto e claro. Sin un sólo erro. O mestre parecía agora máis seguro de sí mesmo.

- Pregúntelle aos de outro curso,"Sahib-ji"-suxeríu.

O Inspector de Escolas seguíu coa sua inspeción. Atopóu aos estudantes moi ben ensinados. Moito máis avanzados que os de calquera outra escola que tuvera visitado. Tiña escoitado que o mestre era bó, i era certo. Contento polo que acababa de ver, erguéuse pra marchar. Ao mestre conocíaselle a alegría na cara.

-Clase,póñanse en pé!. Berróu o mestre. A sus voz era agora máis alta que antes. O Inspector de

Escolas empezóu a camiñar entre as canas de azúcar.

O mestre foi tras de el. Nesta aldea e na seguinte, a xente falaría do caso moitos días. Cando saíron de entre as canas , o Inspector de Escolas falóulle ao mestre.

-Por qué move a escola dun sitio pra outro?. Non pode alquilar un local?.
-Alquilar, "Sahib-ji"?.
-Alquilar, sí.
-Non, Sahib. Ninguén nos facilitará un local. A xente do lugar non quere unha escola aiquí. Téñenmo dito moitas veces. Pensan que os rapaces están perdendo o tempo e divertíndose cando deberían estar traballando no campo, axudando aos seus pais, ou gardando o gando. Chaudry Ali Muhammad é o único que é amable con nós. Non nos pode facilitar un local. Pero deixóunos a sombra dunha das suas árbores na última estación, hasta que o campo foi sementado. Agora estamos usando o seu campo de canas de azúcar.
-Foi moi amable pola súa parte, limpando un claro no campo pra vos.
- Sí, "Sahib-ji".Foi moi amable ao deixarnos limpalo. Fumos os rapaces i eu queñes cortamos as canas . Levóunos tres días. Hasta os pequeniños do primeiro curso axudaron. Desde as oito da mañá hasta a hora da oración,ao pór do sol. Despóis xa non se vía. Fixemos feixes coas canas e levámosllos á casa de Chaudry. Dixo que era a mellor maneira de facerlle ver que a educación era importante pra nós.

O mestre sacóu o seu turbante blanco e mostróulle unha pequena calva na cabeza. Tiña bágoas nos ollos e tremíalle a voz.

-Perdín esa parte do cabelo apañando os feixes.
Volvéu pór o turbante e miróu ao lonxe. Seguiron camiñando. O Inspector de Escolas polo carreiro, e o mestre nunha axeitada posición inferior, polo eido ao seu carón.
-"Sahib-ji". Todo o que precisamos é un local. Só un local. Si non pode ser un local, un pouco de terreo.Os rapaces i eu podemos construir o local. Levaríanos unha estación enteira, pero podemos.

O Inspector de Escolas, seguíu camiñando, calado.

-Eu sei que un terreo é caro, "Sahib-ji". E a xente non quere unha escola na aldea. Pero, fora da aldea, eu podía ter a miña escola. Un pouco de terra é mellor que...

O Inspector de Escolas seguía calado. Xa podía escoitar o rexeito ás suas suxerencias . O Goberno non facilitaba terras pra construir escolas. Era a xente do lugar quen tiña que facelo. Por qué había que cambiar eso?. Unha regla é unha regla.Había tantas reglas que viñan de siglos atrás. A Indepedencia non cambiaba nada. O que valía antes, valía pra agora. E o goberno pedía recortes do gasto en todos os departamentos. Coñecía de antemán as respostas . Suspiróu. Un pequeno cacho de terra. Eso era todo. E cantos mestres tiñan o entusiamo de este?.Cantos deles se preocupaban dos seus alumnos, cantos podían facer o seu traballo nesas condiciós?. Non podía lembrar a ningún en todos os seus anos de inspeción. Subíu ao seu coche, aceptóu a despedida respetuosa do mestre cun movemento da cabeza. Non foi quen de cruzar a sua mirada coa de el.

4 comentarios:

lourixe dijo...

Benvido ao mundo dos blós, Xoan da Cova! Engadinte no meu bolgroll blogomilleiro.
Se me permites un conselliño, o enlace exacto que deberías ter escrito nos comentarios das Uvas sería este:
http://xoandacova.blogspot.com/2008/09/un-relato-o-inspector-de-escolas-de.html,
que envía directamente ao conto.
Boa sorte!

Anónimo dijo...

11110110
11111111

XDC dijo...

Grazas Lourixe.

E tamén Grazas,"anónimo".

xoan dijo...

a