
Velaiquí algunhas expresiós da fala rueira do inglés que me parecen suxestivas e inspiradoras de recursos literarios:
A
Adam´s Ale. A cerveza de Adán = Auga
All fingers and thumbs. Todo dedos e "pulgares" = "manazas".
Anchors. Áncoras = Os freos dun coche.
Ankle-biter. Mordedor de tobillos = Un rapá traste, un "jíbaro".
At a loose end. Nun cabo solto = "Rañando a barriga"
B
Back to the square one. Volta á casella un =Volver ó principio.
Back-seat driver. O chófer do asento de atrás. O que se mete onde non o chaman.
Be in the wind. Estar no vento = Estar "cocéndose" algo.
Beetle off. "Escarabellar pra fora" = fuxir coma un tiro.
Big C,the. O grande "C" = O bicho (cáncer).
Big cheese. Queixo grande. Un "peixe gordo".
Big Hand. Man grande = Ovación.
Bin. Arca, arcón = Manicomio (Toén, Conxo).
Birthday suit. Traxe de nacemento = "Como Deus te botóu ó mundo".
Blower, The. O fungador = Teléfono.
C
Cats´s pyjamas, The. O pixama do gato = "canela", o mellor do mundo.
Cut the cackle. Corta o cacareo = Non che se cansa a língua?.
D
Damage. Idemnización = "A dolorosa", factura.
Dirty weekend. Fin de semana suxo = Ligue sexual de fin de semana.
Dog´s breakfast. Almorzo do can = Desorde nunha habitación.
Dutch courage . O valor do holandés = valor dos borrachos ("Hei facer, Hei acontecer").
E
Excuse my french. Perdoe o meu francés = "falando mal".
F
Face the music. Enfrentarse á música = dar a cara.
L
Liquid laugh. Risa líquida = Compota (vómito).
Luck of the Devil. Sorte do Demo = Potra.
Lowbrow. Cresta Baixa = De poucas luces.
M
Mac!. "Jefe!",ó dirixirse a alguén de quen non coñecemos o nome.
Make oneself scarce. Facerse escaso un mesmo = "pirarse", "escaquearse".
Mirrors, done by. Feito con espellos = cousa de bruxas.
Monkey bussines. Negocios do mono = Texemanexes.
Moctezume´s revenge. A venganza de Moctezuma = descomposición (diarrea).
Mousetrap. Trampa de rato = queixo de baixa calidade ("purrela", en queixo).
N
Narrow squeak. Chirrido estreito = o "canto dun peso".
No picnic.Non é "picnic" = non é plato de gusto.
Nothing to write home about. Nada pra escribir á casa = Nada do outro mundo.
O
Old Hand. Man vella = Can vello.
Old trout. Vella troita= Vella bruxa.
On one´s toes. Sobre os dedos dos pes = Ollo avizor.
One-horse town.Cidade de un sólo cabalo=cidade de pouca actividade.
On the never-never. No nunca-nunca = comprar algo a plazos.
On the tiles. Nas tellas = de esmorga nocturna.
On the trot. Ao trote = varias veces seguidas.
On your bike!. Na tua bicicleta! = Pírate!.
One for the road. Unha pró camiño = Unha copa de despedida.
Out of sight. Fora da vista = Fora de serie.
P
Page three girl. Rapaza da páxina tres= Rapaza " de calendario".
Pain in the neck.Dor de pescozo= Fulano "pelmazo".
Paw. Pezuña, "Pezuñear" = Meter man.
Pile-up. Pila "apilada". Choque de coches "en cadea".
Piss artist. Artista do mexo= borracho.
T
Trots,The. Os "trotes" = cagaleira.
Till the cows come home. Hasta que as vacas volvan á casa = Hasta que os paxaros mamen (ou as rás crien pelo).
Take five. Coller cinco = descansar un anaco.
Take a pew. Coller un banco (da igrexa) = sentarse.
W
With egg on one´s face. Con ovo na cara = en ridículo.
Whirlybird. Paxaro dos remuiños = Helicótero.
Wetblanket. Manta mollada = augafestas.Non sei se será a tradución galega do castelán "aguafiestas".
Wallflower. Flor na parede = rapaza que non ten con que bailar.
V-sign. Signo da "V" = corte de mangas.
Up a gum tree. Nunha árbore de goma = nun embolado de carallo.
Y
Yes-man. Home-sí. Lambecús.
Year dot. Ano "punto"= O ano da pera.
Z
Zero in. Cero en = apuntar a .
3 comentarios:
bo
Excelente post, moi instrutivo para os que non dominamos certos rexistros. Parabéns.
Moi ben, moi ben.
Acabo de topar este novo recuncho de paz. Graciñas e a mantelo.
Moi instrutivo.
Xa copio o do slang apra os alumnos, citando fonte, claro.
Publicar un comentario en la entrada